Slideshow! Todas as fotos

terça-feira, 23 de março de 2010

Compostela Cup. Querem saber mais pormenores?

 17 de Março:


A Fundación Compostela Deporte celebrou na tarde de onte a presentación oficial da Compostela Cup do Camiño 2010 na vila de León.
O evento foi presidido polo Director do Colexio Agustinos de León ,Padre Angel Escapa e o Xerente da Fundación Compostela Deporte, Santiago Araújo. O acto tamén contou coa intervención do Director Derportivo de Baloncesto Femenino León , Rafael González. Ademais, estivo presente o homólogo de CB Agustinas.Eras, Miguel González.
Nesta presentación estiveron varios clubes da cidade de León así como de Bembibre, Ponferrada, Valladolid,…., das modalidades de fútbol e baloncesto. Xa que outro punto da presentación foi a presentación do Torneo de Agustinos de Baloncesto para esta Semana Santa.

----------------------------------------------------------

A Escola de Fútbol do Grupo Desportivo de Fabril ,residente no Setúbal (Portugal), xa realizou a súa inscrición na modalidade de Fútbol 7 na categoría Sub.9 ,co que comenzarán a súa participación neste prestixioso Torneo a partir do 30 de Xuño. Esta é a súa primeira participación na Compostela Cup e para ilo contarán na dirección técnica co adestrador Nuno Silva.


------------------------------------------------------------------------------



FÚTBOL 7

DATAS
  • Do 30 de Xuño ao 4 de Xullo de 2.010
CATEGORÍAS
  • SUB.8.- Nados con posterioridade ao 01-01-2.002 (Mixta)
  • SUB.9.- Nados con posterioridade ao 01-01-2.001 (Mixta)
  • SUB.10.- Nados con posterioridade ao 01-01-2.000 (Mixta)
  • SUB.11.- Nados con posterioridade ao 01-01-1.999 (Mixta)
  • SUB.12.- Nados con posterioridade ao 01-01-1.998 (Mixta)
  • SUB.13.- Nados con posterioridade ao 01-01-1.997 (Mixta)
  • SUB.14.- Nados con posterioridade ao 01-01-1.996 (Mixta)
  • DAMAS.-Categoría aberta
  • VETERANOS.-Nados con anterioridae ao 31-12-1.982





JPF.

Sem comentários:

Enviar um comentário