Ultima hora
O Mércores da comezo a Modalidade de Fútbol Sala
2 de Xullo de 2010
2 de Xullo de 2010
O Domingo será a Cerimonia de Clausura en San Lázaro
2 de Xullo de 2010
2 de Xullo de 2010
Nova destacada
Os Belenenses gañan dúas finais da Compostela Cup de Fútbol-7
4 de Xullo de 2010Hoxe xogáronse no Estadio de San Lázaro todas as finais da Compostela Cup do Camiño, cunha tribuna absolutamente ateigada de xente e, especialmente de público chegado do país veciño. en todas as categorías de Fútbol-7 desde as 10h no Estadio de San Lázaro
Na categoría de damas a Final foi entre o AF Braga e a Peluquería Friol de Lugo sendo campionas as primeiras por 3 a 1.
Na categoría sub-14 a Final foi entre o Almada de Lisboa e o Conxo, sendo campión o Conxo nos penaltis. No que se refire á final de Consolación gañouna o Compañía de María fronte ao Belvís por 3-2.
Na categoría sub-13 a Final foi entre o Almada de Lisboa e o Crocha que rematou 2-1 a favor da equipa portuguesa. Na Consolación o Campión foi o Amio que gañou 0-3 ao Olivais.
Na categoría sub-12 a Final de Copa foi entre o Belenenses e o Hernani G., gañando os primeiros 2-1 Na final de Consolación o gañador foi o La Salle que gañou 3-0 ao Villestro.
Na categoría sub-11 a Final houbo unha final lusa entre Alto Lisboa A e o Povoense , proclamándose campións estes últimos por 1 a 3. Na final de Consolación entre o Bertamiráns e o Clip, gañou o primeiro por 7-0.
Na categoría sub-10 a Final de Copa foi entre o Santa Mariña e o Abanqueiro empatando a 1 e gañando a copa o Abanqueiro nos penaltis por 2-0. No que atinxe ao Campión de Consolación foi o La Salle que venceu 3-0 ao Villestro.
Na categoría sub-9 a Final de Copa enfrontáronse o Conxo e o Belenenses de Portugal, gañando a equipa portuguesa por 4 a 3. No que respecta á final de consolación nesta categoría o campión foi o Alta Lisboa despois de gañarlle ao Crocha por 4-1.
Na categoría sub-8 a Final entre o CD Calasanz e o Abanqueiro SD “A”, o resultado foi 4-3 a favor do Calasanz. Na final de Consolación o Amio gañoulle 5-2 ao Abanqueiro B.
O acto de entrega de premios aos equipos campións de Copa e de Consolación, aos mellores xogadores, ao mellor adestrador e ao mellor árbitro foi realizado por Santiago Araújo, xerente da Fundación Compostela Deporte, Francisco Villaverde, Concelleiro de Deportes de Ames, Enrique Fernández, Delegado em Santiago da Federación Galega de Fútbol, Carlos Coutada Presidente da Asociación de Fútbol de Braga e Mario Rodríguez representante do Comité de Competición da Compostela Cup do Camiño.
Os mellores xogadores por cada categoría foron os seguintes:
Sub-8: Jesús Ares do Abanqueiro
Sub-9: Ricardo Caeiro do Belenenses
Sub-10 Miguel Fernández do Santa Mariña
Sub-11, Anderson Baró do Povoense (fixem este nome... grande jogador...)
Sub-12, Álvaro Rodríguez do Conxo A
Sub-13, Diego Rivas do Crocha (não percebi este melhor jogador... ninguém deu por ele... enfim, tinha que ser um espanhol...)
Sub-14, Islan Teknew do Alta Lisboa
Damas, Joana Carvalho do Braga.
No que respecta ao premio ao mellor adestrador racaeu en Arturo Rey Costas do Santa Mariña e a distinción ao mellor colexiado foi parar para Sergio Silva.
JPF.
Sem comentários:
Enviar um comentário